O BNG comprométese a cumplir o acordo de declarar Viveiro libre de contaminación electoral

O BNG comprométese a cumplir o acordo de declarar Viveiro libre de contaminación electoral

As formacións políticas que compoñen a corporación municipal de Viveiro e que se presentan ás diferentes convocatorias electorais,  comprometéronse públicamente a respectar antes do comezo de cada campaña electoral a moción do BNG, que pedía declarar Viveiro libre de contaminación electoral.

O goberno do PSOE de Viveiro incumpriu co acordado na sesión plenaria para que Viveiro esteña libre de contaminación electoral. A moción do BNG aprobada no pleno de outubro, decía que tiñan que "habilitarse por parte do Concello, naqueles espazos públicos máis estratéxicos das parroquias do concello, soportes (paneis, taboleiros...) temporais ou permanentes acordes coa estética da contorna onde poderán colocar a súa propaganda electoral os partidos políticos que se presenten ás diferentes convocatorias electorais, co espazo delimitado por igual para todos os partidos."

Míriam Bermúdez aclara: "a desidia e ineficacia por parte do PSOE non se contaxiará ao BNG, nós comprometémonos igualmente a cumplir co acordado na sesión plenaria, faltaría máis, polo que únicamente colocaremos propaganda nalgunha das farolas e nos únicos taboleiros existentes emprazados nos Xardíns Noriega Varela."

comentarios