O BNG chama a acudir á manifestación polo saneamento da Ría de Viveiro

O BNG chama a acudir á manifestación polo saneamento da Ría de Viveiro

O BNG de Viveiro quer parabenizar unha vez máis á veciñanza de Celeiro que decidiu mobilizarse en beneficio da Ría de Viveiro e que agora constitúen a Plataforma Veciñal Pro-Celeiro. coa finalidade, de continuar esixindo as melloras anunciadas para o saneamento da Ría de Viveiro entre outras. Este tipo de accións veciñais mostran unha vez máis a necesidade de actuar ante un Goberno Municipal falto de iniciativa e sen capacidade resolutiva para solventar as problemáticas que ten o noso concello.

Dende o BNG apoiamos totalmente esta reivindicación convocada pola plataforma Pro-Celeiro, e chamamos masivamente a todo o pobo do Concello de Viveiro a que se sumen para esixir unha Ría e, en definitiva, unha contorna máis limpa e con vida.

A manifestación sairá dende a praia de Celeiro o próximo sábado día 31 ás 18:00h.

Estaremos alí tal e como estivemos nas anteriores ocasións.

 

 

comentarios