Bando municipal para lembrar da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas

Bando municipal para lembrar da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas

As obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola normativa da Xunta de Galicia ( Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza, Lei 6/2011 do 13 de outubro, de mobilidade de terras, Lei 7/2012 do 28 de xuño, de montes de Galiza e Lei de acompañamento de Orzamentos da Xunta) exixe que os terreos límitrofes ás pistas e estradas deben estar libres de arborado nunhas distancias mínimas que van, en función do tipo de plantación, desde os 2 metros até os 10 metros de dominio público.

Os numerosos temporais de choiva e vento que se rexistraron nestas últimas semanas no concello de Viveiro acarrearon múltiples complicacións a moitas das nosas veciñas e veciños que sufriron as consecuencias das caídas de árbores sobre, entre outras, estradas e pistas, a maioría das cales poderían ser evitábeis de cumprirse coa normativa autonómica en canto á distancias entre fincas e pistas. Estas incidencias durante as borrrascas, cada vez máis habituais, pon en evidencia o problema e perigo que supón para a nosa veciñanza a masa árborea plantada sen control á beira das estradas e pistas, polo que o BNG presenta o seguinte ROGO á alcaldesa:

Publicación dun bando municipal lembrando da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na normativa da Xunta, para que as persoas propietarias dos terreos a carón das pistas municipais corten pola súa conta todas as árbores que podan pór en perigo a seguridade das persoas usuarias das mesmas, e onde se lles informe que @s titulares destes terreos con arboredo que fagan caso omiso a este bando, pasado o prazo voluntario dado polo concello e previa advertencia do órgano municipal, abriráselles un expte. sancionador coa consecuente multa, á que se poderá sumar, de ser o caso, as actuacións subsidiarias de limpeza realizadas polo concello e ou o decomiso do arboredo.

comentarios