Convidamos aos veciños a participar nun balizado simbólico perante a pasividade do concello

Balcóns en estado de derrubamento, varandas inestábels, portas e xanelas soltas...  un perigo real de non poñerlle solución inmediata

Convidamos aos veciños a participar nun balizado simbólico perante a pasividade do concello

O pasado 29 de decembro, demandábamoslle ao concello que adoptara medidas preventivas de seguridade e salubridade ao longo das edificacións de Seiramar (Covas) e do Serra (Pontelabrada-Viveiro), polo perigo real existente para calquera que frecuente estas zonas. O estado destes inmobles empeora a pasos axigantados, ao igual que a nosa seguridade perante a pasividade do goberno local.

Por isto mesmo, convidámosvos a participar o vindeiro domingo 28 de xaneiro, as 12:00h da mañá, nun balizado simbólico no edificio de Seiramar, en Covas, antigo Hotel Cociña (frente ao bar As Tixolas). Co obxectivo de demandar medidas de actuación inmediatas que garantan a nosa integridade física.

Achegamos a nota informativa que pegamos ao longo do inmoble onde vos agardaremos para o balizado:
notainformativabalizadoseiramar