Balance do traballo e iniciativas do BNG de Viveiro durante o ano 2018

Fomos a forza politica de Viveiro que más inicitivas puxo sobre a mesa, e ademais, pódese apreciar traballo e calidade en cada unha delas.

Balance do traballo e iniciativas do BNG de Viveiro durante o ano 2018

Facemos balance sobre o traballo que realizamos ao longo do ano 2018 co ánimo de dar resposta ás demandas e preocupacións veciñais e co obxecto de aportar solucións para mellorar o noso concello, xa que aínda que nos vimos obrigadxs a traballar dende fóra da corporación municipal, no BNG nunca deixamos de estar comprometidos coa veciñanza nin nunca nos quedamos á marxe da política municipal nin dos problemas de Viveiro que por desgraza, padecemos e sufrimos todxs xs veciñxs. 

No BNG lamentamos que o goberno do PSOE perdera a oportunidade de darlle resposta ás demandas da veciñanza, e que só obtivéramos o seu silencio e incluso o seu menosprezo amosado nas últimas semanas incomprensiblemente con descalificacións e saídas de tono da alcaldesa ante algunhas das iniciativas impulsadas pola nosa organización durante o 2018, as cales consideramos que son propostas feitas en positivo e positivas para Viveiro porque se fan eco das demandas, preocupacións e queixas dxs nosxs veciñxs, sendo propostas que intentan aportar solucións e non poñerlle paos na rodas ao goberno municipal.

comentarios