Ten o PSOE pensado axudar ás entidades prestadoras de servizos sen ánimo de lucro do noso concello?

Ten o PSOE pensado axudar ás entidades prestadoras de servizos sen ánimo de lucro do noso concello?

Desde AFA manifestan a necesidade de avanzar na mellora da súa labor asistencial para o que consideran imprescindíbel contar con recursos humanos propios e a dotación de infraestrutura e equipamento adaptado á demanda dos familiares de persoas con Alzheimer. Respecto a isto, denuncian a insuficiencia de medios tanto de persoal como de equipamentos para poder ofrecer ás súas usuarias e usuarios unha atención diúrna que cubra coas súas necesidades terapéuticas básicas, cunha flexibilidade horaria que axude a mellorar as condicións de vida das familias e que permita conciliar a vida laboral e familiar das persoas afectadas.

Por todo isto preguntaremos no pleno do día 11 de decembro, si o goberno do PSOE ten contemplado entre as súas liñas de actuación e no seu suposto proxecto de orzamento de 2020, a convocatoria dun programa de axudas e/ou convenios de colaboración dirixidas a entidades viveirenses sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais para a contratación de persoal e desenvolvemento das súas actividades no exercicio 2020. E tamén, si o goberno municipal estaría disposto a estudar a viabilidade dun proxecto de rehabilitación e acondicionamento do edificio Calvo Sotelo, para darlle uso como Centro de Día dirixido a persoas con Alzheimer e/ou outras demencias, así como a súa cesión a AFA? Edificio que decidimos suxerir desde o BNG pola súa practicidade para as necesidades demandadas, e que AFA acolleu de forma moi positiva a nosa proposta.

comentarios