Adopción de medidas necesarias para o Resurrection Fest

O Servizo de Urxencias conta con tan só unha ambulancia asistencial de soporte vital básico, tamén en época estival, onde a poboación de Viveiro se multiplica por cinco.

Adopción de medidas necesarias para o Resurrection Fest

A tempada estival e con ela o período vacacional de milleiros de persoas está a piques de comezar e Viveiro debe prepararse para recibir unha gran afluencia de turistas e visitantes que, triplicarán un ano máis a poboación do seu municipio prevéndose ademáis que o Resurrection Fest 2018 bata un novo récord de asistencia, fenómeno que quintuplicará a poboación na nosa vila..

Por todo isto o BNG de Viveiro instamos ao goberno municipal de María Loureiro, a traballar coordinadamente nun plan especial de seguridade, saúde e benestar da veciñanza e propoñemos a aprobación das seguintes medidas:

 

  1. Demandarlle á organización do Resurrection Fest a dotación dunha ambulancia medicalizada e unha ambulancia asistencial de soporte vital básico para o traslado ao hospital Comarcal da Costa de calquera emerxencia médica que poda haber durante a celebración deste festival, evitando así deixar desprotexida á poboación de Viveiro na época do ano de maior afluencia de visitantes ao dispoñer o servizo de urxencias de Viveiro dunha soa ambulancia.
     
  2. Solicitarlle á Axencia Galega de Emerxencias a instalación nas inmediacións do recinto onde se celebra o Resurrection Fest, dun hospital de campaña que conte con todo o material e os medios necesarios para a atención "in situ" de maneira provisoria e inmediata de calquera emerxencia médica que se poda producir durante estes días.
     
  3. Esixirlle ao Sergas a cobertura das prazas necesarias de facultativxs no Centro de Saúde de Viveiro que garantan xs viveirensxs e visitantes unha asistenica sanitaria de calidade, co obxecto de evitar que volvan a sufrir nos meses de verán o que xa sucedeu no 2017, unha sobrecarga de demanda asistencial, que sumado ao escaso número de facultativxs, fixo que se viran obrigadxs a facerse cargo dun número de pacientes (uns 2.500) moi superior ao cupo que teñen establecido por Lei, (1500) co consecuente perigo que esta situación supón, tanto para xs medicxs como para xs pacientes.
     
  4. A dotación dun maior número de contenedores de lixo durante a celebración do Resurrection Fest nos puntos estratéxicos de maior afluencia, así como a instalación de sanitarios portátiles, atendendo ao Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto que esixe aos concellos a súa colocación en todo evento ou acto público.