De tomadura de pelo consideran os nacionalistas a calificación do sr. Balseiro sobre o parcheo da LU-161

“Comunicación moderna e segura para @s usuari@s”, declara o delegado territorial da Xunta en referencia á actuación do parcheo de 9,5km desta estrada autonómica.

De tomadura de pelo consideran os nacionalistas a calificación do sr. Balseiro sobre o parcheo da LU-161

O BNG de Viveiro valora positivamente a actuación de reforzo do firme na estrada LU-161 anunciada polo sr. Balseiro a pé de estrada acompañado dun cartaz e de membros do Partido Popular de Viveiro, pero considera totalmente insuficiente estas medidas de parcheo que presenta o Delegado Territorial da Xunta, que por outra banda non vén a confirmar nada novo máis alá do compromiso que xa lle trasladara no mes de xaneiro a Xunta ao grupo parlamentar do BNG, ante a demanda que presentaran @s nacionalistas no 2018 solicitando a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento nesta estrada autonómica.

A formación nacionalista alégrase de que a Xunta recoñeza publicamente que esta estrada autónomica é unha das principais vías de conexión d@s viveirenses tal e como a consideramos dende o BNG e por iso demandábamos no verán do 2018 para esta vía unhas obras de mellora e acondicionamento coas que se conseguiría ademáis de seguranza para os seus usuari@s, achegar concellos como Viveiro e Ourol á Mariña Central, o que suporía favorecer así mesmo a economía local dos concellos que atravesan esta vía de comunicación e dos seus concellos limítrofes. É por isto que consideramos unha total falta de seriedade e resposabilidade afirmar como afirma o sr. Balseiro que este reforzado do firme prometido vaia garantir unhas comunicacións modernas e seguras, xa que a estrada LU-161 atópase nunhas condicións de abandono total e que sofre non só graves deficiencias no seu firme e trazado que a fan moi perigosa, senón que tamén conta cunha escasa anchura, cunetas en mal estado e sen beiravías.

Dende a fronte nacionalista reclaman a erradicación dos puntos negros existentes na LU-161 e a adopción de medidas necesarias para executar obras de mellora e acondicionamento nesta estrada, mais alá de parcheos prometidos a golpe de denuncias e eleccións, que facilite á nosa veciñanza acceder en pouco tempo e con seguridade ás vilas da comarca e conectarnos nun corto espazo de tempo ás vías de alta capacidade máis próximas. E recórdanlle ao Sr. Balseiro que as veciñas e veciños de Covas seguen arriscando a súa integridade física na Travesía de Covas mentras agardan polas medidas prometidas pola Xunta, ata hoxe incumpridas, e que a veciñanza de Landrove, que vive á beira dun dos tramos da estrada LU-540 máis perigosos do termo municipal de Viveiro, segue sendo ignorada pola Xunta que parece non ter interese en poñer en marcha medidas que sirvan para rebaixar o grao de perigosidade destas zonas.

comentarios