Augas de Galicia terá que responder no Parlamento Galego sobre o río que asolagou Xunqueira

Augas de Galicia terá que responder no Parlamento Galego sobre o río que asolagou Xunqueira

O BNG de Viveiro logo do desastre acontecido este pasado domingo en Viveiro e tralas declaracións de Augas de Galiza, vémonos na obriga a levar ao Parlamento Galego as seguintes cuestións:

  • Ten analizado a Xunta de Galiza o estado do río que asolagou a Xunqueira, no Concello de Viveiro?
  • Tiña constancia o Goberno galego das denuncias da veciñanza que advertían do tapón provocado por restos de desbroce na Ponte de Pedro Mestre?
  • Por que non se limpou o río?
  • Que medidas prevé impulsar o Goberno galego, no marco das súas competencias, para evitar que algo como o acontecido o 18 de novembro poida repetirse?


Achegamos os arquivos rexistrados no Parlamento de Galiza, coas preguntas para a súa resposta por escrito e as preguntas para a súa resposta de forma oral, presentadas tanto en Comisión como en Pleno:

 

1-escrita-0011-escrita-0021-escrita-0032-oral_comision-0012-oral_comision-0022-oral_comision-0033-oral_pleno-0013-oral_pleno-0023-oral_pleno-003